Category Archives: Sin categoría
VIII Torneo de Xadrez Cidade de Santiago
9º TORNEO PERTENCENTE AO XIX CIRCUITO GALEGO XADREZ PROMOCIÓN 2026.
O Sábado, 12 de Setembro de 2026 tivo lugar a clausura e entrega de premios do 9º torneo pertenecente ao XIX Circuito Galego Xadrez Promoción 2026: XVII torneo Concello de Rianxo, coa participación de 93 xogadores.
Enlaces Info64: categoría Sub-08, categoría Sub-10, categoría Sub-12 y categoría Sub-14.
Para máis información do XIX Circuito Galego Xadrez Promoción 2026, neste enlace.
13º TORNEO PERTENCENTE AO XXXVII CIRCUITO GALEGO DE XADREZ 2026.
O Sábado, 12 de Setembro de 2026 tivo lugar a clausura e entrega de premios do 13º Torneo pertencente ao XXXVII Circuito Galego de Xadrez 2026: VIII Torneo Cidade de Santiago.
Nicolás Fernández Sabajanes (Escola Xadrez Compostela) proclamouse campión do torneo con 7,0 puntos. O 2º clasificado foi o FM Alejandro Cereijo Suarez ( Ajedrez Padrón) tamén con 7,0 puntos e o 3º clasificado o xogador da Escola Xadrez Pontevedra, Javier Lema Fernández con 6,5 puntos.
Actualizanse a clasificación provisional do Circuito neste enlace.
Campionato de España de Afeccionados 2026.
O venres 4 de setembro de 2026 no Hotel Spa Villa Pasiega tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato de España de Afeccionados 2026.
O xogador galego Martín Gomez Carreño (Club Deportivo Xadrez Ourense) proclamouse Campión no Tramo de Elo 2300, no Tramo de Elo 1700 a xogadora galega Jimena Lavinia Abad (Club Deportivo Xadrez Ourense) foi a 3ª clasificada e a mellor xogadora feminina e no Tramo de Elo 2000 o mellor xogador galego clasificado foi David Buitron (Círculo Ferrolano) no octavo posto con 6,5 puntos.
Enlace Info64, Tramo-1700; Tramo-2000 y Tramo-2300
Galería de fotos: Facebook FEDA
Noraboa!
XVII Torneo Internacional Concello de Rianxo
8º TORNEO PERTENCENTE AO XIX CIRCUITO GALEGO XADREZ PROMOCIÓN 2026.
O Sábado, 05 de Setembro de 2026 tivo lugar a clausura e entrega de premios do 8º torneo pertencente ao XIX Circuito Galego Xadrez Promoción 2026: XVII torneo Concello de Rianxo, coa participación de 71 xogadores.
Enlaces Info64: categoría Sub-08, categoría Sub-10, categoría Sub-12 y categoría Sub-14.
Para máis información do XIX Circuito Galego Xadrez Promoción 2026, neste enlace.
11º TORNEO PERTENCENTE AO XXXVII CIRCUITO GALEGO DE XADREZ 2026.
O Sábado, 5 de Setembro de 2026 tivo lugar a clausura e entrega de premios do 11º Torneo pertencente ao XXXVII Circuito Galego de Xadrez 2026: XVII Torneo Internacional Concello de Rianxo.
O FM Diego Cacheiro Blanco (USC) proclamouse campión do torneo con 8,0 puntos. O 2º clasificado foi o IM Julio Suarez Gomez (CX Fontecamoa) con 7,5 puntos e o 3º clasificado a xogadora do Círculo Ferrolano, WFM Inés Prado Acebo con 7,0 puntos.
Actualizanse a clasificación provisional do Circuito neste enlace.
II Torneo Internacional Concello de Oroso
O Domingo, 6 de Setembro de 2026 tivo lugar a clausura e entrega de premios do 12º Torneo pertencente ao XXXVII Circuito Galego de Xadrez 2026: II Torneo Internacional Concello de Oroso.
O FM Fernando Sanchez Aller (Club Xadrez Rianxo) proclamouse campión do torneo con 7,0 puntos, o 2º clasificado foi o FM Marcos Antonio Morales Marmol (Círculo Ferrolano) tamén con 7,0 puntos e o 3º clasificado o xogador do Club Deportivo Marquiño, CM Iago Fernández Ramos con 7,0 puntos.
Actualízase a clasificación provisional do Circuito neste enlace.
Campionatos do Mundo Sub-7 a Sub-17 – Inscricións
A FEDA a través da súa circular 31/2026 pubrica os pasos a seguir para as inscricións aos Campionatos do Mundo Sub-7 a Sub-17 que terán lugar en Roquetas de Mar (Almería) do 13 ao 21 de Outubro de 2026.
A inscrición deberá realizarse mediante formulario Online. Quedará aberta desde o día 30/08/2026 e pecharase o día 13/09/2026, ao igual que a reserva de hotel.
Toda a información, nestos enlaces: Circular 30/2026 (Convocatoria) e Circular 31/2026 (Inscricións).
Torneos Setembro 2026
BASES DOS TORNEOS NO PERTENCENTES AOS CALENDARIOS OFICIAIS DA FEGAXA e FEDA.














