Category Archives: Sin categoría
I Torneo Vila de Celanova
O Sábado, 29 de Agosto de 2026 tivo lugar a clausura e entrega de premios do 7º torneo pertencente ao XIX Circuito Galego Xadrez Promoción 2026: I Torneo Vila de Celanova, coa participación de 69 xogadores.
Toda a información nestos enlaces: categoría Sub-08, categoría Sub-10, categoría Sub-12 e categoría Sub-14.
Clasificación Provisional XIX Circuito Galego Xadrez Promoción 2026.
XV Memorial Pepiño Rodriguez
O Sábado, 29 de Agosto de 2026 tivo lugar a clausura e entrega de premios do 10º Torneo pertencente ao XXXVII Circuito Galego de Xadrez 2026: XV Memorial Pepiño Rodriguez.
O FM Xulio Del Prado Rodríguez (CD Xadrez Ourense) proclamouse campión do torneo con 6,0 puntos dos 7 posibles. O 2º clasificado foi o FM Fernando Sánchez Aller (Club Xadrez Rianxo) tamén con 6,0 puntos e o 3º clasificado o xogador do Círculo Ferrolano, IM Mariano Ortega Amarelle con 5,5 puntos.
Actualízase a clasificación provisional do Circuito neste enlace.
IX Aberto Concello Carballo Clásico
Onte, 27 de Agosto de 2026 tivo lugar a clausura e entrega de premios do 9º Torneo pertencente ao XXXVII Circuito Galego de Xadrez 2026: IX Aberto Concello Carballo Clásico.
O GM Karen Movsziszian proclamouse campión do torneo con 8,0 puntos dos 9 posibles. O 2º clasificado foi o GM Aleksa Strikovic, da Escola Luguesa de Xadrez, con 7,5 puntos e o 3º clasificado o xogador de Didáctica, Abraham Merayo López con 6,5 puntos.
Actualízase a clasificación provisional do Circuito neste enlace.
Campionato de España Individual Absoluto e Feminino 2026
Onte, 25 de Agosto de 2026, tivo lugar nos salóns do Hotel RL Aníbal de Linares (Jaén) a clausura e entrega de premios do Campionato de España Individual Absoluto e Feminino 2026.
O GM de Andalucía, Alan Pichot e a IM Marta García Martín da Federación Valenciana; proclamáronse Campións de España Absoluto e Feminino 2026.
Os nosos xogadores representantes: Bernardo Rebollo Montes (EX Pontevedra) obtivo o 77º posto con 4,5 puntos e a WIM Lidia Karen Zapata Campos (Xadrez Benchoshey) obtivo 4,0 puntos e o posto 81º da xeral.
Máis información en Info64.
XXIII Campionato de España Individual de Veteranos 2026
A Federación Española de Ajedrez a través da circular 29/2026 convoca o XXIII Campionato de España Individual de Veteranos 2026.
Datas: do 02 ao 10 de Outubro de 2026.
Lugar: Hotel Evenia Zoraida Resort (Roquetas de Mar – Almería).
Inscrición: cota de 50,00 € e ata o 20/09/2026 a través da App da FEDA.
Campionatos de España Individuais Lóstrego e Rápidas 2026
O Sábado, 15 de Agosto de 2026 nos salóns do Hotel Palacio de Mengíbar (Jaén) tivo lugar o Campionato de España Individual Absoluto de Xadrez Lóstrego 2026 con 8 xogadores galegos, entre eles 1 FM (Pablo López Varela da Escola Luguesa de Xadrez). Proclamouse campión o xogador valenciano GM Jaime Santos Latasa con 9,0 puntos dos 11 posibles e a campioa foi IM Anna Matnadze Bujiashvili con 8 puntos e no posto 15º. O mellor xogador galego clasificado foi Uxío Vilariño Lorenzo da Escola Luguesa de Xadrez con 7,0 puntos no posto 55º.
E o Domingo, 16 de Agosto de 2026, tamén nos salóns do Hotel Palacio de Mengíbar (Jaén) tivo lugar o Campionato de España Individual Absoluto de Xadrez Rápido 2026 con 8 xogadores galegos, entre eles 1 WIM (Yudania Hernández Estévez do CD Xadrez Ourense) e 1 FM (Pablo López Varela da Escola Luguesa de Xadrez). Volveu a proclamarse campión o xogador valenciano GM Jaime Santos Latasa con 9,5 puntos dos 11 posibles e como campioa a xogadora do Xadrez Benchoshey a WIM Lidia Karen Zapata Campos con 8,0 puntos e posto 22º.
Toda a información nos seguintes enlaces: Xadrez Lóstrego e Xadrez Rápido.














