Category Archives: Sin categoría

XII Abierto Internacional de Ajedrez Hotel CEMAR

O Domingo, 16 de Agosto de 2026 tivo lugar a clausura e entrega de premios do 8º Torneo pertencente ao XXXVII Circuito Galego de Xadrez 2026: XII Abierto Internacional de Ajedrez Hotel CEMAR.

O xogador francés Erwan Lever proclamouse campión do torneo con 7,5 puntos dos 9 posibles. O 2º clasificado foi o IM Diego A. Espiñeira González, do Ajedrez Padrón, tamén con 7,5 puntos e o 3º clasificado FM David Gómez Diéguez do CD Xadrez Ourense con 7,0 puntos.

Enlace Info64

Actualízase a clasificación provisional do Circuito neste enlace.

Campionato de España por Equipos de Club de Segunda División 2026.

Onte, 14 de Agosto de 2026, tivo lugar nos salóns do Hotel RL Aníbal de Linares (Jaén) a clausura e entrega de premios do Campionato de España por Equipos de Club de Segunda División 2026 – Grupo Sur.

Foron 47 equipos participantes e con 13,0 puntos proclamouse Campión, conseguindo o ascenso a Primeira División Nacional 2027, el equipo andaluz C.A. Ciudad de Huelva – López Rodríguez Abogados.

O noso único equipo participante galego (Escola Luguesa de Xadrez A) obtivo o posto 29º con 7,0 puntos.

Destacar a participación da WIM Yudania Hernández Estévez (CD Xadrez Ourense) no único equipo feminino participante (C.A. Linares) conseguindo 9,0 puntos e o posto 11º. Este equipo estaba formado por 6 xogadoras: 2 WGM, 1 WIM e 2 WFM.

Enlace a Info64.

Onte, 12 de Agosto de 2026, tivo lugar no Edificio Calatrava do Palacio de Congresos de Oviedo a clausura e entrega de premios do Campionato de España por Equipos de Club de Segunda División 2026 – Grupo Norte.

Un total de 42 equipos inscritos onde o equipo valenciano Silla B con 14,0 puntos proclamouse Campión conseguindo o ascenso a 1ª División categoría nacional para o 2027.

Dos 6 equipos galegos participantes, o Club Xadrez Fontecarmoa obtivo o 4º posto con 10,0 puntos quedando ás portas do podio.

Enlace a Info64.

Campionatos de España 2026: Afeccionados e Xadrez Inclusivo

A Federación Española de Ajedrez a través das súas circulares 27/2026 e 28/2026 convoca:

Circular FEDA 27/2026 – Campionato de España de Afeccionados 2026 – Tramos Elo -1700, -2000 e -2300.

Datas: do 29 de Agosto ao 04 de Setembro de 2026.

Lugar: Hotel Spa Villa Pasiega

Inscrición: cota de 45,00 € e ata o 20/08/2026 a través da App da FEDA.

Circular FEDA 28/2026 – Campionato de España Individual de Xadrez Inclusivo.

Datas: do 25 ao 27 de Setembro de 2026.

Lugar: Hotel Evania Zoraida Garden – Roquetas de Mar (Almería).

Inscrición: cota (ver circular) e ata o 18/09/2026 no correo fada@fadajedrez.com.

 

XLI Open Internacional de Ajedrez Albariño

O Sábado, 08 de Agosto de 2026 tivo lugar a clausura e entrega de premios do 7º Torneo pertencente ao XXXVII Circuito Galego de Xadrez 2026: XLI Open Internacional de Ajedrez Albariño.

O xogador do CD Xadrez Ourense, o FM Xulio Del Prado Rodríguez proclamouse campión do torneo con 9 puntos dos 9 posibles. O 2º clasificado foi o FM Mario Alexis Arias Gaviria do AA Armagedón con 8,0 puntos e o 3º clasificado o IM Diego A. Espiñeira González do Club de Ajedrez Padrón con 7,0 puntos.

Enlace Info64

Actualízase a clasificación provisional do Circuito neste enlace.

Campionato de España Individual Xuvenil Sub-18 2026

O Sábado, 08 de Agosto de 2026 tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Guadiana de Ciudad Real do Campionato de España Individual Xuvenil Sub 18, o xogador andaluz IM Lorenzo Perea Fruet e a xogadora catalana WFM Julia Pinyol i Llora proclamáronse Campións de España de Xadrez na categoría Sub 18.

Dos xogadores galegos participantes, o mellor clasificado foi o xogador FM Diego Cacheiro Blanco (Sección Deportiva USC) no posto 9º con 6 puntos.

Parabéns!!

Emparellamento e resultados: INFO64 – Sub 18

Galería Fotográfica: Facebook FEDA

Partidas en directo

IV ERLAC Teresa Herrera A Coruña

Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios do 6º Torneo pertencente ao XXXVII Circuito Galego de Xadrez 2026: IV ERLAC Teresa Herrera A Coruña.

O xogador da Escola Xadrez Pontevedra, o FM Rubén Fernández López proclamouse campión do torneo con 7,5 puntos dos 9 posibles. O 2º clasificado foi o FM Jose Antonio Sande Edreira da Escola Xadrez Mirko con 7,0 puntos e o 3º clasificado Nicolás Fernández Sabajanes da Escola Xadrez Compostela, tamén, con 7,0 puntos.

Noraboa!!

Enlace Info64

Actualízase a clasificación provisional do Circuito neste enlace.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies