Monthly Archives: Agosto 2022

XXXVII Open Internacional de Xadrez Albariño

Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios do 3º Torneo pertencente ao calendario do XXXIII Circuito Galego de Xadrez 2022: XXXVII Open Internacional de Xadrez Albariño onde o MF Luis Marcos Medarde Santiago (Xadrez Verín) proclamouse Campión do torneo con 8,0 puntos dos 9 posibles.

Enlace Info64

Clasificación Provisional do XXXIII Circuito Galego de Xadrez 2022 (actualizada o 10/08/2022)

Campionato de España Sub 18 e Sub 18 de Xadrez Rápido 2022

O Sábado, o IM Pedro Antonio Gines Esteo de Cataluña (8,5 puntos de 9) e WFM Lulu Zhou (6/9) de Madrid proclamáronse Campións de España na categoría Sub-18.

O xogador galego mellor clasificado e as portas do podio nesta categoría foi Rubén Fernández López (E.X. Pontevedra) no 4º posto con 7.0 puntos dos 9 posibles.

Enlace Info64.

Retransmisión en directo.

Onte tivo lugar a entrega de premios do Campionato de España Sub-18 xadrez rápido onde o Mestre Internacional Pedro Antonio Gines Esteo de Cataluña xunto cá xogadora navarra, WCM Leyre Abrisqueta Zudaire alzáronse có Campionato de España.

Rubén Fernández López (E.X.Pontevedra) volveu a ser o xogador galego nesta categoría mellor clasificado no posto 17º con 6 puntos dos 9 posibles.

Enlace a Info64.

Convocatoria Campionatos de España 2022

A Feda a través das súas circulares 17, 18, 19, 20, 21, 24 e 25/2022 convocan os seguintes Campionatos de España 2022:

Circular Feda 17/2022: Convocatoria do Campionato de España de afecionados 2022.

Circular Feda 18/2022: Convocatoria do Campionato de España Individual de Xadrez Lóstrego 2022.

Circular Feda 19/2022: Convocatoria do Campionato de España Individual de Xadrez Rápido 2022.

Circular Feda 20/2022: Convocatoria do Campionato de España por equipos de Club 2022. Segunda División.

Circular Feda 21/2022: Convocatoria do Campionato de España Individual de Veteráns 2022

Circular Feda 24/2022: Convocatoria do Campionato de España por equipos de Club 2022. Primeira División.

Circular Feda 25/2022: Convocatoria do Campionato de España por equipos de Club 2022. División de Honra.

XXXIV Torneo Infantil de Xadrez Albariño

Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios do 6º Torneo pertencente ao calendario do  XV Circuito Galego de Xadrez Promoción  2022: XXXIV Torneo Infantil de Xadrez Albariño.

Enlaces Info64: Sub08Sub10, Sub12, Sub14.

Clasificación Provisional do XV Circuito Galego Xadrez Promoción 2022. (Actualizado o 01/08/2022)

Campionato de España Sub 16 e Sub 16 de Xadrez Rápido 2022

O Sábado 30 de Xullo tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato de España Sub-16 onde o Mestre Fide Diego Macias Pino (8 de 9 puntos) da Comunidad Valenciana proclamouse Campión de España e a xogadora Cristina Sureda González proclamouse Campioa de España Feminina.

O xogador galego mellor clasificado nesta categoría foi Alejandro Cereijo Suárez (E.X. Compostela) no 14º posto con 6.5 puntos dos 9 posibles.

Toda a información do Campionato, neste enlace.

E onte tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato de España Sub-16 xadrez rápido onde o Mestre Fide Diego Macías Pino da Comunidad Valenciana volveu a proclamarse Campión con 8 de 9 puntos. Na clasificación feminina, a xogadora de Castilla y León, Carmen Menéndez Osorio alzouse cá victoria con 6 puntos.

O mellor xogador galego nesta modalidade foi Xabier Pérez Sousa (Xadrez Mos) no 18º posto con 6 puntos dos 9 posibles.

Enlace Info64.

 

X Torneo Internacional Cidade de Pontevedra

O Sábado, 30 de Xullo de 2022, tivo lugar a clausura e entrega de premios do 2º Torneo pertencente ao calendario do  XXXIII Circuito Galego de Xadrez 2022: X Torneo Internacional Cidade de Pontevedra; onde proclamouse campión con 7.5 puntos dos 9 posibles, o MI Platon Galperin.

Enlaces Info64: Masters Amateur

Clasificación Provisional do XXXIII Circuito Galego de Xadrez 2022 (actualizada o 01/08/2022)

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies