Daily Archives: 12 de Setembro de 2022

IV Torneo xadrez Cidade de Compostela

O Sábado, 17 de Setembro de 2022 tivo lugar a clausura e entrega de premios do 10º Torneo pertencente ao calendario do  XV Circuito Galego de Xadrez Promoción 2022: IV Torneo Cidade de Santiago

Enlaces a Info64: categoría Sub-08categoría Sub-10categoría Sub-12categoría Sub-14  e categoría Absoluta.

Clasificación Provisional do XV Circuito Galego Xadrez Promoción 2022. (Actualizado o 19/09/2022)

V Torneo de Xadrez Concello de Mos 2022

O Sábado, 10 de Setembro de 2022 tivo lugar a clausura e entrega de premios do 9º Torneo pertencente ao calendario do  XV Circuito Galego de Xadrez Promoción  2022: V Torneo Concello de Mos.

Enlaces a Info64: categoría Sub-08categoría Sub-10categoría Sub-12categoría Sub-14 e categoría Absoluta.

Clasificación Provisional do XV Circuito Galego Xadrez Promoción 2022. (Actualizado o 12/09/2022)

I Torneo Open Internacional de xadrez “Deputación da Coruña”

Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios do 6º e derradeiro torneo pertencente ao calendario do XXXIII Circuito Galego de Xadrez 2022: I Torneo Open Internacional de xadrez “Deputación da Coruña” onde o MF Luis Marcos Medarde Santiago (Xadrez Verín) proclamouse campión do torneo con 7,5 puntos dos 9 posibles. O GM Omar Almeida Quintana quedou 2º clasificado cós mesmos puntos.

Enlace a Info64.

Clasificación Final do XXXIII Circuito Galego de Xadrez 2022 (actualizada o 12/09/2022)

D. Luis Marcos Medarde Santiago proclamouse Campión do XXXIII Circuito Galego de Xadrez con 5 participacións e 4 torneos puntuados obtendo os 40 puntos que o proclama vencedor deste ano.

Lembramos que, atendendo ás bases do XXXIII Circuito Galego de Xadrez para poder obtar aos premios da clasificación xeral do mesmo se solicitan, polo menos, 4 participacións.

 

Campionato do Mundo Sub-14 a Sub-18 2022

Do 05 ao 17 de Setembro de 2022 en Mamaia (Rumanía) ten lugar o Campionato do Mundo Sub-14 a Sub-18 2022.

A xogadora do Club Xadrez Fontecarmoa, Paula Suárez Gómez participará na categoría Sub-16 Feminina.

Web oficial do Mundial: https://worldyouth2022.com/

Chess-results: http://chess-results.com/tnr655565.aspx?lan=2

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies