Daily Archives: 26 de Setembro de 2022

Campionato de España por Equipos de Club de Primeira División 2022

O sábado 23 tivo lugar a clausura e entrega de premios  no Talasso Gran Hotel Sanxenxo do Campionato de España  por Equipos Ceclub Primeira División, o equipo Aragonés Myinvestor Casablanca proclamouse campión con 12 puntos e xogará a próxima tempada na División de Honra xunto ao Gros Xake Taldea del País Vasco  quén  finalizou na segunda  posición  tamén con 12 puntos, o  equipo Galego “Club  Deportivo Xadrez Ourense”  completou o podio con  9 puntos. O tamén equipo Galego Club Xadrez Fontecarmoa-Viaxes Interrias Sanxenxo quedou na sexta posición con 4 puntos.

Parabéns!!!

Enlace Info64

Clasificación Final Campeonato de España Ceclub Primera División.

Video de presentación do CECLUB na TVG de Galicia.

Campionato de España por Equipos de Club de Xadrez Rápido 2022

O domingo 25 tivo lugar a clausura e entrega de premios no Centro Cultural Iglesia de San Marcos do Campionato de España por equipos de Club de Xadrez Rápido 2022,  coa participación dos equipos Galegos Circulo Ferrolano de Ajedrez, Escola Luguesa de Xadrez e Sociedad Liceo Marquiño. O Club de Xadrez de Murcia,  DuoBeniajan Costa Cálida “A»  proclamouse Campión de España por Equipos de Xadrez Rápido 2022. O equipo de Cantabria C.A. Solvay «A» ocupa a segunda posición cos mesmos puntos do Campión 16 e en terceira posición El C.A. Silla 60 Aniversario de la Comunidad Valenciana con 14 puntos.

Enlace Info64

Clasificacion Final Campionato de España por equipos de Club de Xadrez Rapido 2022.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies