Monthly Archives: Agosto 2025

III ERLAC Clásico Cidade da Coruña

Do 11 ao 16 de Agosto na Fundación Escuela Universitaria de Relaciones laborales de A Coruña, tivo lugar o 7º torneo pertencente ao XXXVI Circuito Galego de Xadrez Internacional 2025: III ERLAC Clásico Cidade da Coruña (torneo tipo B).

O xogador Marcos Villalba Ambid proclamouse campión con 6,5 puntos, Eduardo Cabañas Lopez (CD Marquiño) e Nicolás Fernández Sabajanes (EX Compostela) obtiveron o 2º e 3º posto respectivamente con 5,5 puntos.

Enlace Info64

Clasificación Provisional XXXVI Circuito Galego de Xadrez 2025 (actualizada o 18/08/2025).

Campionato de España Individual Absoluto de Xadrez Lóstrego e Rápido 2025

Celebrados os Campionatos de España Individuais Absolutos de xadrez Lóstrego e xadrez Rápido o 15 e 16 de Agosto en Mengíbar (Jaén), os GM Miguel Santos Ruiz con 9,5 puntos e Jaime Santos Latasa con 9,0 puntos proclamáronse campións nas modalidades respectivas.

Enlace Info64 Campionato España Lóstrego 2025.

Enlace Info64 Campionato España Rápido 2025.

XL Open Internacional de Ajedrez Albariño

O Sábado, 09 de Agosto de 2025 tivo lugar a clausura e entrega de premios do 6º TORNEO PERTENCENTE AO XXXVI CIRCUITO GALEGO DE XADREZ INTERNACIONAL 2025: XL Open Internacional de Ajedrez Albariño (Torneo Tipo C).

Iago Fernández Ramos (CD Marquiño) proclamouse campión con 9,0 puntos, seguido de Eduardo Cabañas Lopez (CD Marquiño) con 8,0 puntos e de Rafael Rodríguez López (CDA Ruy Lopez Chicla) con 7,0 puntos.

Enlace Info64

Clasificación final do XL Open Internacional de Ajedrez Albariño.

Clasificación Provisional XXXVI Circuito Galego de Xadrez 2025 (actualizada o 11/08/2025).

Campionatos de España 2025

A Feda a través das seguintes circulares, convoca novos Campionatos de España 2025:

Campionato de España Xadrez Rápido por equipos de Club 2025

A Federación Española de Ajedrez a través da súa circular 23/2025 convoca o Campionato de España de Xadrez Rápido por equipos de Club 2025.

Terá lugar nos salóns do Restaurante Mandala en Zafra (Badajoz) o 20 de Setembro de 2025.

A cota de inscrición é de 60,00 € e o prazo estará aberto ata o 05 de Setembro de 2025.

Circular FEDA 23/2025 e Anexo de inscrición.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies