Daily Archives: 25 de Maio de 2026

Campionato de España por Seleccións Autonómicas CESA 2026. Categorías Sub-14 e Sub-16

A Federación Española de Ajedrez a través da súa circular 12/2026 convoca o Campionato de España por Seleccións Autonómicas CESA 2026. Categorías Sub-14 e Sub-16.

Terá lugar no Hotel Scala de Padrón (A Coruña) do 29 de Xuño ao 03 de Xullo de 2026.

Toda a información, neste enlace.

Campionatos “Xunta de Galicia” Individuais 2026

Este fin de semana tiveron lugar as clausuras e entrega de premios do XI Campionato Galego de xadrez Lóstrego 2026 e do XV Campionato Galego de Rápidas 2026 no Hotel Scala de Padrón (A Coruña).

Na modalidade Lóstrego: un triple empate a 8 puntos proclamou ao IM Julio Suárez Gómez do Club Xadrez Fontecarmoa Campión, ao FM Diego Cacheiro Blanco da Sección Deportiva USC Subcampión e ao FM Jose Antonio Sande Edreira da Escola Xadrez Mirko, 3º clasificado.

Na modalidade de Rápidas: o FM Diego Cacheiro Blanco da Sección Deportiva USC proclamouse Campión con 8,0 puntos, cá mesma puntuación o FM Xulio Del Prado Rodríguez do Club Deportivo Xadrez Ourense foi o Subcampión e o xogador da Escola Xadrez Compostela, Nicolás Fernández Sabajanes foi 3º clasificado con 7 puntos.

Enlace Info64 do XI Campionato Galego de xadrez Lóstrego 2026.

Enlace Info64 do XV Campionato Galego de Rápidas 2026.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies