Category Archives: Sin categoría
Campionatos “Xunta de Galicia” por equipos de Club 2026
CAMPIONATO “XUNTA DE GALICIA” POR EQUIPOS DE CLUB 2026. XADREZ LÓSTREGO
O Sábado, 16 de Maio de 2026 no Hotel Scala (Padrón) tivo lugar o Campionato ” Xunta de Galicia” por equipos de Club 2026 xadrez Lóstrego, onde o equipo Escola Luguesa A proclamouse Campión 2026. O Subcampión foi o equipo Xadrez, Estratexia pola Paz e o 3º clasificado o CXF Viaxes InterRias.
CAMPIONATO “XUNTA DE GALICIA” POR EQUIPOS DE CLUB 2026. XADREZ RÁPIDO.
O Domingo, 17 de Maoo de 2026 no Hotel Scala (Padrón) tivo lugar o Campionato ” Xunta de Galicia” por equipos de Club 2026 Xadrez Rápido, onde o equipo Escola Luguesa A proclamouse Campión 2026. O Subcampión foi o equipo CXF Viaxes InterRias e o 3º clasificado o C. Deportivo Marquino ERLAC.
Rectificación concesión arbitraxes Campionatos “Xunta de Galicia” Individuais Lóstrego e Rápidas 2026
Rematado o prazo de solicitudes o pasado luns (04/05/2026), publícase unha rectificación á concesión de arbitraxes para os Campionatos Galegos Individuais Xadrez Lóstrego e Xadrez Rápido que se celebrarán no Hotel Scala (Padrón – A Coruña) o 23 e 24 de Maio de 2026.
Toda a información, neste enlace.
XXXVII Circuito Galego de Xadrez 2026
A Federación Galega de Xadrez publica a información do XXXVII Circuito Galego de Xadrez 2026.
Toda a información, neste enlace.
Campionatos de España Individuais Sub-08 a Sub-16 2026
A Federación Española de Ajedrez a través da súa circular 11/2026 convoca os Campionatos de España Individuais Sub-08 a Sub-16 2026.
Máis información: Circular da convocatoria
Liga Galega por equipos de Club 2026
Rematada a Liga Galega por equipos de Club 2026 o pasado 25 de abril de 2026, o Club Deportivo Xadrez Ourense A proclamouse Campión Galego Absoluto por equipos da tempada 2026 con 48,5 puntos, seguido do Xadrez: Estratexia pola Paz con 42.5 puntos e o 3º clasificado foi o E.L.X. con 41 puntos.
CATEGORIA PREFERENTE:
Tras a xornada decisiva deste sábado 25 de Abril o Liceo Grupo A. Postal proclamouse Campión da Categoría Preferente 2026.
Ida: Bóveda-Mirko 1,5 vs Liceo Grupo A. Postal 4,5
Volta: Liceo Grupo A. Postal 4 vx Bóveda-Mirko 2
Na promoción de Ascenso a División de Honra será o equipo C. X. Rianxo quen participará na máxima categoría Galega 2027:
Ida: ClubEXA A 2 vs C.X. Rianxo 4
Volta: C.X. Rianxo 2,5 vs ClubEXA A 3,5
Concentracións FEGAXA 2026
A Federación Galega de Xadrez realizará no Hotel Scala de Padrón as concentracións de preparación aos Campionatos de España 2026.
Os días serán os domingos, 10 de Maio e o 14 de Xuño de 2026.
O prazo de confirmación de asistencia estará aberto ata o 05/05/2026 (incluído) e realizarase no e-mail fegaxa@fegaxa.org.
Toda a información neste enlace.














