Category Archives: Sin categoría
VII Open Internacional de xadrez ABanca Semana Verde de Galicia
Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios do 3ª torneo pertencente ao XIX Circuito Galego Xadrez Promoción 2026: VII Open Internacional de Xadrez ABanca Semana Verde de Galicia, coa participación de 90 xogadores.
Toda a información neste enlace
Clasificacion Provisional XIX Circuito Galego Xadrez Promoción 2026 (Actualizada o 09/06/2026)
Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios do 2º torneo pertencente ao XXXVII Circuito Galego de Xadrez 2026: VII Open Internacional de xadrez ABanca Semana Verde de Galicia, onde o GM Vladimir Petkov proclamouse campión con 7 puntos.
Toda a información neste enlace
Clasificación Provisional VII Open Internacional de xadrez ABanca Semana Verde de Galicia
XXV Torneo Xadrez Concello Da Guarda
O Sábado 06 de Xuño tivo lugar a clausura e entrega de premios do 2º torneo pertencente ao XIX Circuito Galego Xadrez Promoción 2026: XXV Torneo Concello da Guarda, coa participación de 100 xogadores.
Toda a información neste enlace
Clasificación Provisional XIX Circuito Galego Xadrez Promoción 2026
Circular 05/2026: Seleccións Autonómicas Infantil e Cadete 2026
A Federación Galega de Xadrez pubrica @s xogadores/as seleccionad@s para os Campionatos de España de Seleccións Infantís e Cadetes 2026 que terán lugar en Padrón (A Coruña), do 30 de Xuño ao 03 de Xullo de 2026.
Toda a información, neste enlace.
XIII Torneo Dani Da Rocha Prol
O Sábado 30 de Maio tivo lugar a clausura e entrega de premios do 1º torneo pertencente ao XIX Circuito Galego Xadrez Promoción 2026: XIII Torneo Dani Da Rocha Prol, coa participación de 210 xogadores.
Mais información neste enlace
Clasificación Provisional XIX Circuito Galego Xadrez Promoción 2026
Campionato de España por Seleccións Autonómicas CESA 2026. Categorías Sub-14 e Sub-16
A Federación Española de Ajedrez a través da súa circular 12/2026 convoca o Campionato de España por Seleccións Autonómicas CESA 2026. Categorías Sub-14 e Sub-16.
Terá lugar no Hotel Scala de Padrón (A Coruña) do 29 de Xuño ao 03 de Xullo de 2026.
Toda a información, neste enlace.
Campionatos “Xunta de Galicia” Individuais 2026
Este fin de semana tiveron lugar as clausuras e entrega de premios do XI Campionato Galego de xadrez Lóstrego 2026 e do XV Campionato Galego de Rápidas 2026 no Hotel Scala de Padrón (A Coruña).
Na modalidade Lóstrego: un triple empate a 8 puntos proclamou ao IM Julio Suárez Gómez do Club Xadrez Fontecarmoa Campión, ao FM Diego Cacheiro Blanco da Sección Deportiva USC Subcampión e ao FM Jose Antonio Sande Edreira da Escola Xadrez Mirko, 3º clasificado.
Na modalidade de Rápidas: o FM Diego Cacheiro Blanco da Sección Deportiva USC proclamouse Campión con 8,0 puntos, cá mesma puntuación o FM Xulio Del Prado Rodríguez do Club Deportivo Xadrez Ourense foi o Subcampión e o xogador da Escola Xadrez Compostela, Nicolás Fernández Sabajanes foi 3º clasificado con 7 puntos.
Enlace Info64 do XI Campionato Galego de xadrez Lóstrego 2026.














