Category Archives: Sin categoría

I Open Internacional Sub-2200 Hotel CEMAR

TORNEO VALEDERO PARA ELO FIDE E FEDA.

DATAS: Do 14 ao 16 de Abril de 2017.

LOCAL DE XOGO: Salóns do Hotel CEMAR (sito na Estrada Xeral Ponteareas – Mondariz, Km7 – Mondariz Balneario)

INSCRICIÓNS: E-mail: meouterelo@yahoo.es – ajedrezmarcoteeikm@yahoo.es Teléfono: +34 627 249 951. Indicando: Nome e apelidos, data de nacemento, ELO FIDE e FEDA, teléfono de contacto e email

Aloxados no Hotel CEMAR**: DE BALDE.
• Xeral: 6 €.
• Data límite de inscrición: Venres 14 de abril ás 12.00 horas.

Bases do torneo.

Curso semipresencial de Árbitro de Base e Árbitro Autonómico de Xadrez 2017

A Federación Galega de Xadrez, a través do seu Comité Técnico de Árbitros, convocou un curso semipresencial para a obtención dos seguintes títulos:

  • Árbitro Autonómico de Base.
  • Árbitro Autonómico.

A parte final, que será presencial e terá lugar nos salóns do Hotel Scala de Padrón (A Coruña), será para aclarar dúbidas sobre todo o temario, explicación de elaboración dun informe arbitral co VEGA e a realización do exame. Terá o seguinte formato:

Día Horario  
Venres 14/04/2017 De 17:00 a 20:00 horas Repaso e dúbidas do temario
Sábado 15/04/2017 De 10:00 a 13:30 horas VEGA e informe arbitral
Sábado 15/04/2017 De 16:00 a 20:00 horas Exames, 4 probas

 

Máis información (horarios, temario, etc) na Convocatoria do curso.

 

Convocatoria Exame Arbitro Nacional 2017

O Comité Técnico de Árbitros publicou o comunicado 02/2017 cás sedes provisionales para o exame de Árbitro Nacional (descargar pdf).

Os dereitos de exame serán de 51 € que deberán ser ingresados na conta da FEDA. O prazo de inscrición ao exame remata o 31 de Marzo de 2017.

Comunicado CTA 01/2017 cá convocatoria do exame de AN neste enlace.

Asemblea Xeral Ordinaria

Por orde do Sr. Presidente da Federación Galega de Xadrez D. Gaspar Pérez Carnero,  convocase, segundo o artigo 33.2 dos estatutos da FEGAXA, reunión da Asemblea Xeral Ordinaria desta federación deportiva para o vindeiro día 09 de abril de 2017, ás 10:30 horas en primeira convocatoria e ás 11:00 en segunda convocatoria, no hotel Scala en Padrón.

Orde do día.

Toda a documentación, neste enlace.

XII Circuito Galego Promoción 2017

A Federación Galega de Xadrez publica as bases do XII Circuito Galego Promoción 2017 (descargar pdf).

O prazo de inscrición ao Circuito pecharase o 30 de Marzo de 2017. Terán preferencia os torneos incluídos no calendario 2016 e o resto de solicitudes por orde de entrada. Por cuestión de calendario, non se aceptarán máis de 18 torneos.

As solicitudes de admisión deberán dirixirse por correo á Federación Galega de Xadrez ou vía e-mail fegaxa@fegaxa.org.

O arbitraxe realizarase co programa SWISS MANAGER ou VEGA, sendo obrigatorio ter como árbitro principal un colexiado con licenza en vigor, que posea, como mínino, o título de Arbitro de Base (Circular Fegaxa 01/2017).

Liga Galega por equipos de Club 2017

Según o artigo 3.6 do Título VIII do Regulamento Xeral de Competicións da Federación Galega de Xadrez: “Todos os xogadores incorporados a un club unha vez finalizado o período de notificación de ordes de forza, de incluírse nalgún equipo, engadiranse co número de orde seguinte ao que xa exista, sendo o prazo límite 48 horas antes do comezo da sexta rolda, tomando como referencia a división de honra.”

O prazo rematará o Xoves, 09 de Marzo de 2017 ás 17:00 horas. Non se admitirán novas incorporacións pasado o prazo establecido.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies