Category Archives: Sin categoría

Campionatos Galegos Entroido 2017 (categorías Sub-10, Sub-14 e Sub-18)

Onte remataron os Campionatos Galegos do Entroido (Sub-10, Sub-14 e Sub-18) que tiveron lugar nos salóns do Hotel Las Sirenas de Covas (Viveiro) do 25 ao 28 de Febreiro de 2017.

Na categoría Sub-10 proclamouse Campión Galego Sub-10 o xogador, do Ajedrez Padrón, Xulio Del Prado Rodriguez; e a xogadora Paula Suarez Gomez, do Xadrez Fontecarmoa, foi a 1ª clasificada feminina.

Na categoría Sub-14 o xogador do Xadrez Ourense, Martin Gomez Carreño, obtivo o título de Campión Galego Sub-14 e Marta Quintas Fernandez, da Escola Luguesa, proclamouse como 1ª clasificada feminina.

E na categoría Sub-18 proclamouse Campión Galego Sub-18 o xogador, do Liceo Recreo Orensano, Angel Dominguez Fernandez, e a xogadora Mireya Represa Perez, do Xadrez Laroca, foi a 1ª clasificada feminina.

Máis información, nestos enlaces: Sub-10, Sub-14 e Sub-18.

Campionatos de España Sub-08 a Sub-18 2017

A Federación Española de Ajedrez a través das súas circulares 08/2017 e 09/2017 convoca os Campionatos de España Sub-08 a Sub-18 2017 e os Campionatos de España de xadrez Rápido Sub-10 a Sub-18 2017.

Os Campionatos terán lugar nos salóns do Hotel Best Western Hotel Salobreña.

Establécese un canon de inscrición de 33 € para a categoría Sub-08 e 49 € para o resto de categorías. O prazo de inscrición abrirase o 06 de Marzo para todas as categorías e realizarase a través da plataforma Web que se creou ao efecto dentro da Web da FEDA  e pecharase según as táboas indicadas en cada circular.

O prazo para as reservas de cada Campionato acaba o mesmo día que o da inscrición. Toda a información atoparase no formulario de reserva (formato doc ou pdf).

Arbitraxes Campionatos Galegos 2017

Rematado o prazo de solicitudes para actuar como árbitros principais nos Campionatos Galegos 2017, pubrícase a resolución do Comité Galego de Árbitros (descargar pdf).

Circular FEGAXA 04/2017: Xornadas e adestramentos deportivos. Tecnificación deportiva 2017.

A Federación Galega de Xadrez pubrica a Circular 04/2017: xornadas e adestramentos deportivos. Tecnificación deportiva 2017, cá relación dos deportistas asinados aos grupos de tecnificación 2017 (descargar pdf).

Campionatos Provinciais 2017

Realizados os Campionatos Provinciais 2017, pubrícanse as clasificacións finais neste enlace.

II Circuito de Xadrez do Condado

INFÓRMASE DUN ERRO NO HORARIO DE INICIO DA 1ª E 2ª ROLDA E EXISTE UNHA PEQUENA MODIFICACIÓN NAS XOGADAS ILEGAIS.

Información do II Circuito de Xadrez do Condado (descargar pdf).

2º torneo: II Torneo de Reis

Data: Sábado, 07 de Xaneiro de 2017.

Local de xogo: Complexo Deportivo Educativo CEMAR (Estrada Xeral Ponteareas-Mondariz, KM 7 – Mondariz Balneario)

Bases e inscricións.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies