Category Archives: Sin categoría

Campionato “Xunta de Galicia” Sub-8 2025

Onte tivo lugar no Hotel Scala de Padrón (A Coruña) a clausura e entrega de premios do Campionato Galego  “Xunta de Galicia” Sub-8 2025.

O xogador da Escola Xadrez Pontevedra,  Martín Lema Fernández proclamouse Campión,  Artai Lamela Babarro (C.D. Xadrez Ourense) quedou no segundo lugar e Leo Gonzalez Rivero (Club Xadrez Mos) o 3º clasificado. Paula Noya Mellado (Club Xadrez Oroso) acadou o posto 9º da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.

Toda a información, neste enlace.

¡Parabéns a todos!.

XXXVI Circuito Galego de Xadrez 2025

Dando continuidade ao circuito internacional celebrado o ano pasado, desde a Federación Galega de Xadrez estase a traballar na elaboración do XXXVI CIRCUITO GALEGO DE XADREZ INTERNACIONAL 2025.

Este ano como novidade o Circuito Internacional poderá estar formado por torneos standard e/ou torneo de rápidas celebrados entre Maio 2025 e Novembro 2025 (ambos meses incluídos) e atendendo ás solicitudes recibidas dos organizadores da anterior edición e outros que o soliciten fehacentemente.

Establécense 3 tipos de torneos cun mínimo de premios en metálico (toda a información neste enlace).

O prazo de solicitude de inscrición REMATADO.

Concesión arbitraxe Campionatos Galegos 2025

Rematado o prazo de solicitude para arbitrar nos Campionatos Galegos de Entroido e Semana Santa 2025, publícase a concesión aos mesmos no seguinte enlace.

Campionatos Provinciais 2025

Celebrados todos os Campionatos Provinciais 2025, as clasificacións finais atoparanse neste enlace.

Afiliación Tempada 2025

Xa están realizados e publicados os calendarios correspondentes á Liga Galega por Equipos de Club 2025. Toda a información en https://xefega.fegaxa.org/

Documentación Liga Galega por equipos de Club 2025.

Circulares Fegaxa 2025

A Federación Galega de Xadrez publica as seguintes circulares:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies