Category Archives: Sin categoría
Subvencións actividades deportivas da SXD
Infórmase de que hoxe, luns 30.12.2024, publicouse no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de subvención para o desenvolvemento actividades deportivas (procedemento PR945C)
O prazo de solicitudes ábrese mañá (martes día 31/12/2024) e remata o 30.01.2025.
Nesta ligazón está dispoñible a convocatoria e a guía de axuda para as entidades solicitantes: https://deporte.xunta.gal/gl/convocatorias/pr945c-subvencions-clubs-para-actividades-deportivas-convocatoria-2025
Campionato de España Individual Absoluto e Feminino 2024
Torneos Decembro 2024
Publicanse as bases dos torneos organizados polas diferentes entidades que terán lugar en Decembro do 2024.
IV Campionato de España Lóstrego de Parellas Mixtas 2024
O pasado 05 de Decembro de 2024 en Benidorm (Alicante) tivo lugar o IV Campionato de España Lóstrego de Parellas Mixtas 2024 onde participaron 3 parellas galegas:
Xulio Del Prado Rodriguez (CD Xadrez Ourense) – Alba Pérez Salgado (CD Xadrez Ourense)
Antía Reboredo Barrosa (CD Xadrez Ourense) – Joel Cid Barrio (CD Xadrez Ourense)
Daniel Manrique García (CD Xadrez Ourense) – Laura Diéguez Novoa (Xadrez Benchoshey)
Anque non se obtivo podio, conseguiuse un 15º posto da parella formada por Del Prado – Pérez.
Toda a información no seguinte enlace de Info64.
Clausura e entrega de premios do XVII Circuito Galego Xadrez Promoción 2024
O Sábado, 16 de Novembro de 2024 no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa tivo lugar a Clausura e entrega de Premios do XVII Circuito Galego de Xadrez Promoción 2024 .
Os podios foron os seguintes:
Categoría Sub-08:
Campión: Aldán Martínez Eiras (Ajedrez Padrón)
Campioa: María Argudín Fernández (Xadrez Mos)
Subcampión: Manuel Rios Delgado(Lucena)
3º clasificado: Yago Moredo Camba (Xadrez Mos)
Categoría Sub-10:
Campión: Javier Lema Fernández (Ajedrez Padrón)
Campioa: Zaira Campelo Mallo (Xadrez Oroso)
Subcampión: Xoel Roo Pérez (CD Marquiño)
3º clasificado: Telmo Vicente Resua (Xadrez Rianxo)
Categoría Sub-12:
Campión: David Álvarez González (Lucena)
Campioa: Alicia Castillo Cores (E.X. Pontevedra)
Subcampión: Nicolás Fernández Sabajanes (EX Compostela)
3º clasificado: Miguel Casado Diz (E.X. Pontevedra)
Categoría Sub-14:
Campión: Hugo Souto Corredoura (Xadrez Mos)
Campioa: Emma Campelo Mallo (Xadrez Oroso)
Subcampión: Adrián Argudín Fernández (Xadrez Mos)
3º clasificado: Mateo Pérez Freijanes (Lucena)
¡Parabéns a tod@s!
Clasificación Final XVII Circuito Galego Xadrez Promoción 2024 (actualizado o 18/11/2024)
















