Category Archives: Sin categoría
Comunicado 05/2023 Comité Técnico de Árbitros: Oferta de Arbitraxe Campionatos de España 2023
A Federación Española de Xadrez na súa circular 05/2023 Convoca as ofertas de arbitraxes para os campionatos de España do 2023.
Podese consultar no seguiente enlace.
Campionato de España Sub-10 e Sub 10 Xadrez Rápido 2023
O sábado 08 de Xullo tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Salobreña Suites (Granada) do Campionato de España Sub-10 de lentas, onde o xogador Mateo Mendoza Barcia (Aragón) proclamouse Campión de España e a xogadora Beatriz Pardo Ruiz (Comunidad Valenciana) Campiona Feminina de España.
O xogador Galego mellor clasificado foi David Alvarez Gonzalez (Ajedrez Lucena) no posto 14 con 6 puntos.
Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Salobreña Suites (Granada) do Campionato de España Sub-10 de Xadrez Rápido, Sebastián Fuentes de Nova de Castilla La Mancha e Beatriz Pardo Ruiz da Comunidade Valenciana proclamaronse Campións de España por Idades de Xadrez Rápido 2023.
O xogador Galego mellor clasificado foi Javier Lema Fernandez (Ajedrez Padrón) no posto 8 con 6.5 puntos.
¡Parabéns!
Campionato de España Sub-08 2023
IX Torneo Internacional de Xadrez Campus de Ourense
Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios do 1º Torneo pertencente ao XXXIV Circuito Galego Internacional de Xadrez 2023: o IX Campus de Ourense, onde o IM Roberto Carlos Gomez Ledo proclamouse campión e o GM Arian Gonzalez Perez quedou 2º clasificado cós mesmos puntos.
Máis información do torneo, aquí.
Enlace Info64
IX Masterchess Centro Comercial Arousa 2023
O sábado 01 de Xullo de 2023 tivo lugar o V TORNEO PERTENCENTE AO XVI CIRCUITO GALEGO XADREZ PROMOCIÓN 2023, IX Masterchess Centro Comercial Arousa 2023, con preto de 100 xogadores participantes.
Enlaces a Info64: Sub-08, Sub-10, Sub-12 e Sub-14.
Clasificación Provisional do XVI Circuito Galego Xarez Promoción 2023 (actualizado o 05/07/2023).
Campionato de España por Seleccións Autonómicas 2023
Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios nas instalacións do Palacio de Congresos de Albacete do Campionato de España por Seleccións Autonómicas, categorías: Infantil (Sub14) e Cadete (Sub 16).
A Selección Cadete obtivo o 5º posto con 8 puntos empatando co 3º e 4º clasificado.
Enlace Info 64 Categoría Infantil.
Enlace Info64 Categoría Cadete.















