Category Archives: Sin categoría
X Torneo Xadrez Dani Da Rocha Prol
O sábado 17 de Xuño de 2023 tivo lugar o IV TORNEO PERTENCENTE AO XVI CIRCUITO GALEGO XADREZ PROMOCIÓN 2023, X Torneo Dani da Rocha Prol con cerca de 160 xogadores participantes.
Todala información do torneo nos seguintes enlaces de Info64: categoría Sub-08, categoría Sub-10, categoría Sub-12 e categoría Sub-14.
Clasificación Provisional do XVI Circuito Galego Xadrez Promoción 2023 (actualizado o 19/06/2023).
XXII Torneo de Xadrez Concello da Guarda
O sábado 10 de Xuño de 2023 tivo lugar o II TORNEO PERTENCENTE AO XVI CIRCUITO GALLEGO AJEDREZ PROMOCIÓN 2023, XXII Torneo Concello da Guarda con preto de 120 xogadores participantes.
Toda a información do torneo nos seguintes enlaces de Info64: categoría Sub-08, categoría Sub-10, categoría Sub-12 e categoría Sub-14.
Clasificación Provisional do XVI Circuito Galego Xadrez Promoción 2023 (actualizado o 12/06/2023).
IV Open Internacional Abanca
O domingo 11 de Xuño de 2023 tivo lugar o III TORNEO PERTENCENTE AO XVI CIRCUITO GALEGO XADREZ PROMOCIÓN 2023, IV Open Internacional Abanca con preto de 100 xogadores participantes.
Toda a información do torneo nos seguintes enlaces de Info64: Sub-08, Sub-10, Sub-12, Sub-14 e Absoluta
Clasificación Provisional do XVI Circuito Galego Xadrez Promoción 2023 (actualizado el 14/06/2023).
Campionatos Galegos de xadrez Lóstergo e de Rápidas 2023
VIII Campionato Galego de xadrez Lóstrego 2023.
O Sábado, 10 de Xuño de 2023 tivo lugar no Hotel Scala ( Padrón) a clausura e entrega de premios do VIII Campionato Galego de Xadrez Lóstrego, onde o M.I. Julio Suarez Gomez do Club Xadrez Fontecarmoa, proclamouse Campión.
Máis información neste enlace
XII Campionato Galego de Rápidas 2023.
O Domingo, 11 de Xuño de 2023, tamén no Hotel Scala (Padrón), tivo lugar a clausura e entrega de premios do XII Campionato Galego de Rápidas, onde o M.I. Diego Guerra Bastida do Círculo Ferrolano, proclamouse Campión.
Máis información neste enlace
Copa “Xunta de Galicia” de Clubs 2023
COPA GALICIA DE CLUBS, CATEGORÍA CADETE 2023
O Sabado, 27 de Maio de 2023 no Hotel Scala de Padrón tivo lugar a Copa “Xunta de Galicia” de Clubs, categoría Cadete donde o equipo Xadrez Mos A proclamouse campión 2023. O subcampión foi o equipo CXF McDonalds e o 3ª clasificado o ELX Cadete.
COPA GALICIA DE CLUBS, CATEGORÍA ABSOLUTA 2023
O Domingo, 28 de Maio de 2023 no Hotel Scala de Padrón tivo lugar a Copa “Xunta de Galicia”, categoría Absoluta donde o equipo Xadrez: Estratexia pola Paz proclamouse campión 2023. O subcampión foi o Club Deportivo Xadrez Ourense A e o 3º clasificado a Escola Luguesa de Xadrez.
Liga Galega por equipos de Club 2023
O sábado 20 de Maio de 2023 tivo lugar a derradeira rolda da Liga Galega por equipos de Club 2023, «Campionato Xunta de Galicia».
O equipo CXF- Viajes Interrias Sanxenxo proclamouse Campión da máxima categoría galega: División de Honra, tras empatar con 46 puntos có Benchoshey Pereiro de Aguiar e só 21,75 puntos de sonen de diferencia.
Na Primeira División o Clubexa A, USC, Xadrez Bueu A e Club Xadrez Mos A ascenden a División de Honra para a tempada 2024.
¡¡Dar a noraboa os equipos que conseguiron o ascenso de categoría para a tempada 2024!!














