Category Archives: Sin categoría
Campionato de España Individual Absoluto e Feminino 2020
Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel RL Aníbal de Linares, do Campionato de España Individual Absoluto e Feminino , no que o xogador GM David Anton Guijarro proclamouse campión con 7, 5 puntos, e o xogador Galego GM Iván Salgado López ( Xadrez Ourense) quedou de 3º clasificado con 7 puntos.
A Xogadora IM Sabrina Vega Gutiérrez e a Campiona feminina con 6 puntos.
Noraboa!!
Clasificacions Finais Campionato España Individual Absoluto e feminino
Enlace Info64
Campionato de España por Equipos CeClub 2020-Segunda División
Campionato de España Sub18
O sábado 22 de Agosto tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Suits Salobreña ( Granada) do Campionato de España Sub18, no que o xogador Pedro Antonio Ginés Esteo de Aragón alzouse co Campionato cun total de 7,5 puntos de 9 posibles. O madrileño Gabriel Quispe Arteaga e o navarro Íñigo Ortín Blanco finalizaron empatados a 7 puntos, na segunda e tercera posición respectivamente.
A xogadora de Madrid Cecilia Guilló Longares proclamouse campiona de España con 5,5 puntos. Acompañárona no podio, Joana Ros Alonso de Cataluña como subcampiona e Carla Cristina Sosa Suárez como terceira clasificada.
Arbitraxes 2020 II
Publicouse a circular 21/2020 na que se convocan as prazas de arbitraxes para os campionatos do 2020. Podese consultar no seguiente enlace.
Competición Lugar Inicio Fin
CE ABOLUTO 2020 Linares ( Jaén) 31/08/2020 08/09/2020
CE PRIMERA DIVISION 2020 Padrón ( A Coruña) 11/09/2020 17/09/2020
CE DIVISION DE HONOR 2020 Linares ( Jaén) 23/09/2020 29/09/2020
Resolución Suspensión dos Campionatos de España en Edade Escolar 2020
Publicase a resolución da Presidencia del CSD pola que se suspenden definitivamente os Campionatos de España en Edade Escolar 2020. Seleccións Autonómicas Sub 16 y Sub 14 no caso da Federación Española de Xadrez.
Podese consultar no seguiente enlace.
Convocatoria Eleccións FEDA 2020
Publicouse a convocatoria das eleccións a membros da Asamblea Xeral, Presidente e Comisión Delegada da Asamblea da FEDA.
As votacións a membros da Asamblea terán lugar o día 11 de xullo de 2020.
A elección do Presidente e Comisión Delegada será o día 20 de setembro de 2020.
Todala información sobre o Proceso Electoral podese atopar neste enlace.















