Campionato de España Sub-10 2016
Javier Habans de Navarra e Claudia Hernandez de Andalucía son os Campións de España Sub-10 de xadrez lento 2016. O mellor xogador galego clasificado foi Raúl Seoane Castilla do Círculo Ferrolano que obtivo o 37º posto con 5,5 puntos dos 9 posibles.
No Campionato de España de xadrez rápido sub-10 o xogador do Club Xadrez Fontecarmoa, Xulio Del Prado, foi o xogador galego mellor clasificado con 6,5 puntos dos 9 posibles.
Máis infomación: Sub-10 lentas e Sub-10 rápidas.
Campionato de Europa Individual de Xóvenes Sub-08 a Sub-18 2016
A FEDA a través da súa circular 20/2016 convoca o Campionato de Europa Individual de Xóvenes Sub-08 a Sub-18 que terá lugar do 17 ao 28 de Agosto en Praga (República Checa).
Campionatos de España Sub-08 2016
Javier Habans de Navarra e Jin Ye Houan de Murcia son os Campións de España Sub-08 2016. O mellor xogador galego clasificado foi Alejandro Cereijo da AD Manuel Peleteiro que obtivo o 15º posto con 6 puntos dos 9 posibles.
Toda la infomación, en este enlace.
Campionato de España por Seleccións Autonómicas. Categoría Infantil (Sub-14).
Rematado o domingo, 26 de Xuño de 2016 o Campionato de España de Seleccións Autonómicas Infantís,Madrid proclamouse Campiona con 12 puntos, seguida de Andalucía e Canarias.
A selección galega obtivo o 8º posto con 6 puntos.
Toda a información do campionato, neste enlace.
Seminario Arbitral Padron 2016
DATAS: O 25 e 26 de Xuño de 2016.
HORARIOS: O sábado, 25 de Xuño de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.
O domingo, 26 de Xuño de 10:30 a 13:30 horas.
LUGAR E ALOXAMENTO: Hotel Scala (Pazos – Padrón).
INSCRICIÓNS: Ver convocatoria.
VIII Trofeo Distribunosa 2016
O sábado, 18 de Xuño de 2016 tivo lugar o 9º torneo pertencente ao XI Circuito Galego de Xadrez Promoción 2016: VIII Trofeo de Promoción Distribunosa, onde participaron preto de 110 xogadores
Máis información do torneo: Sub-08, Sub-10, Sub-12 y Sub-14.
Clasificacion provisional XI Circuito Galego de Xadrez Promoción 2016 (actualizada 20/06/2016)
VIII TROFEO INTERNACIONAL DISTRIBUNOSA.
Tamén tivo lugar o VIII Trofeo Internacional Distribunosa onde o GM e xogador da Escola Luguesa de Xadrez, David Lariño proclamouse campión con 7 puntos dos 8 posibles.
Toda a información do torneo, neste enlace.














